YouTubers, instagrammers ou tiktokers, quen serán os máis virais?

YouTubers, instagrammers ou tiktokers, quen serán os máis virais?

O movemento #ParqueVibras xa está nas tres redes sociais do concurso: YouTube, Instagram ou TikTok. Isto significa dúas cousas. A primeira, que en calquera destas plataformas podes atopar os vídeos realizados por estudantes de 3º e 4º da ESO sobre os seis Parques Naturais de Galicia. A segunda, que unha nova competición está en marcha, a loita por ser a rede social más viral. Cal cres que gañará?

Cando empezamos este diario de rodaxe, só uns poucos equipos tiñan o seu vídeo publicado, a maioría deles en Instagram. Os días pasaron e os youTubers dos centros de Secundaria de Galicia reclamaron o seu lugar, destronando á rede de Meta como a máis utilizada. Unha semana gozando das estreas dos nosos participantes e aínda non había rastro de TikTok. Pero, ao final, os tiktokers chegaron.

Agora, se escribes o hashtag #ParqueVibras, #ConcursoNaturezaGalicia ou #DescubreParquesGalicia en calquera destas redes, poderás ver os fantásticos vídeos que crearon os participantes do noso concurso. Hai para tódolos gustos: divertidos, didácticos, reflexivos… Pero, ollo, non penses que imos darche máis detalles. Corre a velos e descúbreos!

Lembra que, cos traballos dos estudantes de Secundaria de Galicia, non só podes pasar un bo rato, tamén podes coñecer mellor os seis Parques Naturais galegos: as Fragas do Eume, o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o Monte Aloia, a Baixa Limia-Serra do Xurés, o Invernadeiro e a Serra da Enciña da Lastra. Bota un ollo ás súas paisaxes, anota os roteiros que podes percorrer, e aprende como contribuír á súa conservación.

Iso é todo por agora. Nos próximos días contarémosvos novidades do concurso, como o nome dos primeiros membros do xurado. Estade atentos!