Presentámosche o xurado de #ParqueVibras: influencer e docentes

Xurado de #ParqueVibras

Se pensabas que crear un vídeo para redes sociais sobre os Parques Naturais de Galicia era complicado, pénsao outra vez. Porque a tarefa difícil, dificil de verdade, é a que teñen entre mans os integrantes do noso xurado: elixir cales son os mellores vídeos entre tódolos publicados. E é que fixechedes un moi bo traballo!!

Pero, quen son estas persoas? Ai, que chegou o momento de desvelar os seus nomes! Ready?

🌱📱 Paula Vilaboy, máis coñecida como Blondie ou @blondiemuser nas redes sociais. Esta bióloga galega é creadora de contidos sobre sustentabilidade e suma máis de 71 mil seguidores en Instagram e 1,8 millóns en TikTok. Si, si, o que les. Ademais, acaba de publicar o libro “Eres naturaleza. Guía para vivir despacio y reconectar con lo esencial”. Se alguen sabe como comunicar a importancia do noso patrimonio natural nas redes, é ela.

📚🦿 Fina Paulos e Óscar Rey son docentes de secundaria no IES Maximino Romero de Lema (A Coruña) e autores do primeiro manual escolar de intelixencia artificial en Galicia, «Intelixencia artificial para a sociedade». Este é un libro perfecto para persoas de tódalas as idades que queren saber qué e iso da intelixencia artificial e por qué está a mudar o noso mundo. E Fina e Óscar, dende a súa experiencia ensinando a estudantes coma vós, son o xurado ideal para valorar o voso esforzo. 

Alguen máis? Si. Ao noso xurado “famoso” súmase un equipo de especialistas en patrimonio natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, que valorarán os vosos vídeos na busca do contido máis creativo e do máis divulgativo.

E non esquecedes que o premio á viralidade tamén está en xogo! Memorizade a ligazón do voso vídeo e compartideo con todo o mundo: amigos, familiares, compañeiros de clase, veciños, veciños da ávoa… Todo o mundo! Sumade likes e comentarios e, en maio, desvelarémosvos cal é o máis viral.

Agora, deixemos que o noso xurado goce das vosas creacións. Antes de que remate o mes, coñeceremos os finalistas. Que nervios!