Concurso #ParqueVibras
Presentámosvos ós gañadores
de #ParqueVibras
Equipo Carambolas, do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños)
Grazas por participar!
Case 500 alumnos de educación secundaria en Galicia implicados na promoción do patrimonio natural galego.
Participa xa!
Crea os teus vídeos para Instagram, TikTok ou YouTube
Get ready with me para mostrar canto sabes do patrimonio natural galego!
Que é #ParqueVibras?
O concurso #ParqueVibras é unha iniciativa da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para dar a coñecer o patrimonio natural galego entre o estudantado de Secundaria e sensibilizalo sobre a súa importancia. En concreto, queremos achegarte aos seguintes parques naturais:
- Fragas do Eume
- Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
- Monte Aloia
- Baixa Limia - Serra do Xurés
- O Invernadeiro
- Enciña da Lastra
Diario de rodaxe
Coñece o patrimonio natural de Galicia
Non quedes con dúbidas
Quen pode participar en #ParqueVibras?
Estudantes de 3º e 4º da ESO que residan en Galicia e estean matriculados nalgún centro educativo galego durante o curso 2024-2025.
É posible presentarse en grupo?
Si, os vídeos poden ser individuais ou en grupo (mínimo de dúas persoas). O tope? O alumnado dunha mesma clase. Cada grupo pode presentar un vídeo, escollendo unha das redes sociais do concurso (Instagram, TikTok ou YouTube).
Que idioma debo empregar?
O galego, tanto se te animas a falar ou cantar como se inclúes rótulos, debuxos ou infografías.
Poden os estudantes participar pola súa conta?
Non. Isto é moi importante. Para participar no concurso é imprescindible que o formulario de inscrición veña asinado por un profesor/a, titor/a, director/a ou xefe/a de estudos do centro no que están matriculados @s alumnos/as.
Debo inscribirme antes de subir o meu vídeo a IG, TikTok ou YouTube?
Si. Hai que inscribirse neste formulario, completar os datos e envíalo. Unha vez que comprobemos que está todo correcto, recibirás un correo de confirmación. A partir de aí poderás subir xa o teu vídeo. Non esquezas enviarnos o enlace ao formulario que atoparás na web ou por email.
Teño que empregar algún HT ou etiquetar a alguén?
Claro!!! Inclúe estes hashtags: #ParqueVibras #ConcursoNaturezaGalicia #DescubreParquesGalicia e non te esquezas de etiquetarnos.
- 1200 pupils from over 80 countries
- 1400 live interactive lessons per week
- 80 fully qualified teachers
- 100% A-Level Pass Rate




