A segunda edición de #ParqueVibras chegou ao seu fin cun acto na área recreativa de O Corgo, en Muíños, en pleno Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Foi o momento de coñecer ós equipos gañadores do concurso, nunha gala que contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e dos máis de 100 alumnos e docentes que se achegaron dende tódolos recunchos de Galicia. Estudantes de 3º e 4º da ESO, e os seus titores, que se converteron en finalistas desta edición cos seus traballos para pór en valor o patrimonio natural galego. Vidos dende Noia, Zas e Cee (A Coruña), dende Burela (Lugo), dende Portas, Vigo e Nigrán (Pontevedra), e dende Ourense, Celanova e Bande (Ourense). E coa ilusión de descubrir se os seus equipos estaban entre os gañadores.
A presentadora da TVG Esther Estévez (Dígocho eu) foi a encargada de conducir o evento, onde os protagonistas foron eles e os seus traballos, vídeos publicados nas redes sociais Instagram e YouTube que falan da importancia de coñecer a riqueza natural que nos rodea, de coidala e de preservala para as xeracións futuras. Tódolos asistentes recolleron os seus diplomas de excelencia por participar no concurso, e os gañadores (cinco en total, un por cada provincia e un quinto ao vídeo máis viral) leváronse un cheque para disfrutar dunha excursión a un parque natural da súa elección para toda a clase.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presidiu o acto e destacou o papel dos estudantes como «embaixadores do noso patrimonio natural», ademais da súa creatividade. Nos vídeos, os mozos empregaron intelixencia artificial, xogos e tamén cancións para subliñar a riqueza dos parques galegos. En total, presentáronse 22 que, en conxunto, alcanzaron 45.000 visualizaciones, 1.800 likes y 300 comentarios. «Os parques naturais necesitan gardas e científicos, pero tamén voces como as vosas que os defendan», comentou a conselleira antes de pechar o acto.
Á gala en Muíños tamén asistiron a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz Mouteira, e a presidenta do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Xiana Fernández Albor, xunto con técnicos e personal dos parques.
#ParqueVibras é un concurso dirixido a estudantes de secundaria de Galicia para promover os seis parques naturais galegos entre a mocidade e nas redes sociais: as Fragas do Eume, o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, o Monte Aloia, Baixa Limia – Serra do Xurés, O Invernadeiro e a Serra da Enciña da Lastra.
Equipos gañadores
Nesta segunda edición, establecéronse cinco premios: os mellores vídeos de cada provincia galega e o máis viral de todos os que participaron.
Un xurado composto por persoal dos Parques Naturais e especialistas en contido para redes sociais escolleu, cos seus votos, os finalistas e gañadores do concurso. Os galardoados finalmente foron:
Equipo gañador pola provincia da Coruña
Os Ecoaventureiros, IES Maximino Romero de Lema, Zas

Este vídeo invítanos a un paseo polo Monte Aloia mentres coñecemos algúns dos datos máis interesantes do parque. O xurado destacou a edición e o valor divulgativo da peza.
Equipo gañador pola provincia de Lugo
Os Bonitos, IES Monte Castelo, Burela

O vídeo utiliza o xogo do impostor para conectar co público mozo. O xurado destacou o seu valor educativo e a orixinalidade da proposta.
Equipo gañador pola provincia de Ourense
AULA 4º ESO, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón-Celanova, Celanova

<div>Nesta peza, o alumnado simula participar nun xuízo para decidir se o parque das Fragas do Eume é imprescindíbel ou non. Cunha edición impecable e un moi bo traballo actoral por parte dos estudantes, a peza ten un valor divulgativo e capacidade para emocionar ao espectador.</div>
Equipo gañador pola provincia de Pontevedra
VibraTeis, IES de Teis, Vigo

<div>Para a realización deste vídeo, o equipo desprazouse ata o Monte Aloia para contarnos o que podemos descubrir neste parque. O xurado salientou o guion escollido, os planos e a implicación dos estudantes na gravación.</div>
Equipo gañador ao vídeo máis viral
Naturadictos, IES Blanco Amor, Ourense

Neste vídeo gravado en diferentes localizacións de Ourense, os alumnos do IES Blanco Amor falan dos seis Parques Naturais de Galicia e do seu valor patrimonial, con humor e moitos recursos visuais. A peza conseguiu preto de 6.400 visualizacións en Instagram e máis de 400 likes.

