Chegou o día! Levamos toda a semana facendo reconto de votos e, por fin, podemos desvelarvos os 12 equipos que compiten por ser os gañadores da primeira edición do concurso #ParqueVibras. Pero antes…
Temos unha mensaxe do noso querido xurado. Tanto para a creadora de contidos Paula Vilaboy, máis coñecida como Blondie, e os docentes Fina Paulos e Óscar Rey, coma para o grupo de especialistas en natureza da Xunta de Galicia, votar os mellores vídeos foi unha decisión moi complicada. E é que fixestedes un traballo de película! O guion, as intervencións, o son… top, top, top. Parabéns a todos! Demostrástedes que non vos falta creatividade, humor e inxenio para dar a coñecer os Parques Naturais de Galicia. 💚
Mais isto é un concurso e só poden pasar 12 á gran final. Estes son os equipos escollidos!
- Osas do Mar, do IES Monte Castelo (Burela)
- Carambolas, do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños)
- Mariñeiras, do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños)
- CELANOVIBRAS, do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón (Celanova)
- Somos Fervenza!, do CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos)
- Bea MCM, do IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña)
- Lume Verde, do IES Río Cabe (Monforte)
- Quince piollos, do CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña)
- Ángel de la Guarda, do CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda (Nigrán)
- Los del espacio, do Colexio Plurilingüe Carmelitas Ourense (Ourense)
- Puchainas, do IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
- Vilanchos, do IES de Breamo (Pontedeume)
Sete deles publicaron os seus vídeos na rede social Instagram, catro prefiriron facelo en YouTube e un decantouse por TikTok. Podes velos todos no noso Linktree: https://linktr.ee/parquevibras
Es un dos gañadores? Dille ao docente responsable do equipo que estea atento ao seu correo, que recibirá instrucións. 😉 E anota esta data no teu calendario: 23 de maio. Ese día desvelaremos os gañadores do concurso nunha gala especial.
Ah! E non esquezas pedir likes para o teu vídeo. O premio ao vídeo mais viral está en xogo! Non se decidirá ata o final do concurso.
Iso é todo por agora. Finalistas, gozade do voso logro e compartide o vídeo cos compañeiros, amigos e familiares. Tedes un curmán vivindo en Arxentina? Pois pásadello tamén! Todo me gusta será benvido.

