5 e acción!
As rodaxes dos vídeos que participan no concurso #ParqueVibras xa están en marcha. Rematado o prazo de inscrición, chegou o momento de gravar e montar os contidos que competirán por ser o vídeo máis creativo, o máis viral e o de maior valor divulgativo. En xogo están tres excursións para toda a clase a un dos seis Parques Naturais de Galicia!
Desde este blog, ou diario de rodaxe, manterémosvos informados das vindeiras estreas, que poderedes ver nas redes sociais Instagram, TikTok ou YouTube. Estade atentos porque prometen! Os biosbardos, As fervenzas, Naturalmende, Influeumes, Os falegolantes… son algúns dos equipos participantes, formados por estudantes da 3º e 4º da ESO das catro provincias de Galicia.
Ademáis, desde aqui tamén vos contaremos calquera novidade relacionada co concurso, coma a selección do xurado, os nomes dos finalistas ou como será a gala de premios.
De momento, podemos avanzarvos que moitos equipos xa empezaron a gravar. Para eles, e para o resto, dámosvos algún consello.
Consellos para crear os vídeos
Grava no formato idóneo para a red social elixida: vertical cunha proporción de 9:16 para TikTok e Instagram, e horizontal ou vertical para YouTube (recomendamos gravar sempre en vertical pensando en dispositivos moviles).
Procura ser áxil, e que o vídeo teña unha duración máxima de 3 minutos (ou 60 segundos, se queredes publicar un Reel en Instagram).
Para falar dos Parques Naturais de Galicia, non é preciso viaxar a ningún deles. Podes facelo, si, pero tamén podes empregar fotos, mapas, debuxos… Botádelle imaxinación!
Non todos os integrantes do equipo teñen que saír ou falar no vídeo, pero é importante que todos participedes dalgún xeito: na escritura do guión, no proceso de documentación, coa cámara, na sala de montaxe… Os que si aparecen no vídeo, teñen que entregar asinado o documento de cesión de dereitos de imaxe e voz.
Non sabes que contar? Aquí tes algún datos curiosos sobre os parques que che poden servir de inspiración:
- As mámoas son estructuras da Idade de Ferro, e nas Fragas do Eume podes atopar varias decenas delas.
- A duna de Corrubedo é unha duna móbil e móvese a unha velocidade de 2 ou 3 centímetros cada ano.
- Os habitantes máis coñecidos do Monte Aloia son os anfibios. Na zona están citadas 11 das 14 especies coñecidas en Galicia.
- O lirio do Xurés, unha das especies máis emblemáticas deste parque natural, está en perigo crítico de extinción.
- O Invernadeiro é o único parque natural galego no que non hai poboacións humanas.
- Ata 25 especies de orquídeas medran da Serra da Enciña da Lastra. Poderías identificalas?
Se aínda tes dúbidas sobre o contido de teu vídeo, ou calquera outra cousa relacionada coa túa participación no concurso, podes escribirnos ao noso correo.
Por agora, iso é todo.
E corten!

