Como participo en #ParqueVibras?

O concurso é sinxelo. Inscríbete no teu centro, pensa nun contido sobre parques naturais, grava individualmente ou en grupo e publica cos seguintes hashtags obrigatorios:

#ParqueVibras
#GaliciaCalidade

Proceso

Para participar en #ParqueVibras debes seguir estas indicacións:
  • • A través do teu centro ou esta web
  • • Asinada por un docente
  • • Recibiredes un correo de confirmación
  • • En TikTok, Instagram ou YouTube
  • • Na conta do centro ou creada para o concurso
  • • Non esquezas os hashtags e etiquetarnos
  • • Mándanos o enlace ao vídeo
  • • Cubre cesión de dereitos
  • • Comparte para facerte viral!

Que podo crear?

Grava un vídeo en galego para Instagram, TikTok ou YouTube cuxa temática sexan os Parques Naturais de Galicia. Deberá ser un contido orixinal, con valor divulgativo.
Podes gravalo nun dos parques, pero non é requisito.

Valoraremos a creatividade, o rigor na información, a calidade técnica e o uso de subtítulos. Por suposto podes cantar, bailar ou empregar memes!
Cronograma de segunda edición de #ParqueVibras

Apunta estas datas

Sinala este días no teu calendario para participar en #ParqueVibras! Presta atención a cando remata a inscrición e o prazo para enviar os vídeos.

A semana do 13 de abril coñecerase o nome dos 13 finalistas, tres por cada provincia + o vídeo máis viral.

E gaña un fantástico premio!

En #ParqueVibras hai cinco gañadores: catro por provincia + vídeo máis viral (en caso de coincidir serían catro). Tanto se participas individualmente ou en grupo gozarás dunha excursión para toda a túa clase a un dos Parques Naturais de Galicia, con visita guiada, gastos de desprazamento, actividades e diploma conmemorativo.
Gañadores da primeira edición de #ParqueVibras