II Concurso #ParqueVibras

Móstralle ao mundo a riqueza dos Parques Naturais de Galicia e gaña unha excursión para toda a túa clase.
Concurso #ParqueVibras segunda edición

Gañadores da II edición de #ParqueVibras

Estes son os gañadores da segunda edición do concurso. Cinco equipos que puxeron a súa ilusión, creatividade e esforzo ao servizo do patrimonio natural galego.

Gañador da Coruña

IES Maximino Romero de Lema (Zas)

Gañador de Lugo

IES Monte Castelo (Burela)

Gañador de Ourense

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón-Celanova (Celanova)

Gañador de Pontevedra

IES de Teis (Vigo)

Gañador ao vídeo máis viral

IES Blanco Amor (Ourense)

Que é #ParqueVibras?

O concurso #ParqueVibras é unha iniciativa da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para dar a coñecer o patrimonio natural galego entre o estudantado de secundaria e sensibilizalo sobre a súa importancia. En concreto, queremos achegarte aos seguintes parques naturais:

  • Fragas do Eume
  • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
  • Monte Aloia
  • Baixa Limia - Serra do Xurés
  • O Invernadeiro
  • Enciña da Lastra

Crea os teus vídeos para Instagram, TikTok ou YouTube

Benvid@s á segunda edición do concurso #ParqueVibras, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para dar a coñecer os Parques Naturais de Galicia entre estudantes de secundaria.
Se estás en 3º ou 4º da ESO, gústanche as redes sociais e a natureza, anímate a participar! Como? Creando un vídeo para Instagram, TikTok ou YouTube. Convértete no influencer do patrimonio natural galego.

Cun vídeo individual ou en grupo

Dende o 17 de novembro ata o 13 de febreiro

Visita coa túa clase un parque natural

Coñece o patrimonio natural de Galicia

Non quedes con dúbidas

Estudantes de 3º e 4º da ESO que residan en Galicia e estean matriculados nalgún centro educativo galego durante o curso 2025-2026.

Si, os vídeos poden ser individuais ou en grupo (mínimo de dúas persoas). O tope? O alumnado dunha mesma clase.

O galego, tanto se te animas a falar ou cantar como se inclúes rótulos, debuxos ou infografías.

Non. Isto é moi importante. Para participar no concurso é imprescindible que o formulario de inscrición veña asinado por un profesor/a, titor/a, director/a ou xefe/a de estudos do centro no que están matriculados @s alumnos/as.

Dous documentos: o de Cesión de Dereitos de Imaxe e Son (asinado pola nai/pai/titor legal de cada menor participante) e o de Cesión de Dereitos de Propiedade Intelectual (asinado polo responsable de cada grupo). Tódolos rexistros serán confirmados por correo electrónico.

Si. Hai que inscribirse neste formulario, completar os datos e envíalo. Unha vez que comprobemos que está todo correcto, recibirás un correo de confirmación. A partir de aí poderás subir xa o teu vídeo. Non esquezas enviarnos o enlace ao formulario que atoparás na web ou por email.

Claro!!! Inclúe estes hashtags: #ParqueVibras #GaliciaCalidade e non te esquezas de etiquetarnos ao publicar o teu vídeo.

  • 1200 pupils from over 80 countries
  • 1400 live interactive lessons per week
  • 80 fully qualified teachers
  • 100% A-Level Pass Rate

Online School Programs

We offer a range of subjects at Key Stage One, Two, Three, International GCSE and A Level.

Why Choose Us?